Accidente no barrio de Aríns
10:38 13/10/18
10:38 13/10/18
Foi un veciño quen alertou ao 112 Galicia e a partir de aí activouse un operativo
En Santiago os bombeiros da cidade tiveron que rescatar a unha persoa de avanzada idade atrapada no interior dun coche que se saíu da vía na parroquia de Aríns.
Sucedeu ás 18:40 horas nunha curva da Rúa San Martín, en dirección ao Monte do Gozo.
Foi un veciño quen alertou ao 112 Galicia e a partir de aí activouse un operativo no que, ademais dos bombeiros, interviñeron os axentes da Garda Civil de Tráfico e os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, encargados do traslado do ferido en canto foi liberado.