Liberado o ocupante dun turismo tras sufrir un accidente na AP-9, en Abegondo

Liberado o ocupante dun turismo tras sufrir un accidente na AP-9, en Abegondo

Ante a posibilidade de que houbese persoas atrapadas no interior, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Betanzos

Os bombeiros excarceraron esta noite ao ocupante dun turismo que quedou atrapado tras sufrir un accidente cando circulaba pola AP-9, ao paso por Abegondo.

Ás 23:20 horas de onte, o 112 Galicia recibía a chamada dun particular que informaba dun vehículo bastante danado e totalmente atravesado nos carrís da Autopista en dirección a Santiago. 

Ante a posibilidade de que houbese persoas atrapadas no interior, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Betanzos. Efectivamente, tiveron que liberar a un dos ocupantes que permanecía atrapado no interior do coche.

Unha vez fóra do turismo, o ferido foi evacuado por unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias ao centro hospitalario de referencia. 

Comentarios