Morren tres persoas nun accidente en Valdoviño

Morren tres persoas nun accidente en Valdoviño

O 112 Galicia tivo coñecemento do sinistro pasadas as once desta mañá mediante a chamada de alerta dun particular

Tres persoas faleceron esta mañá tras saírse da vía e bater contra un poste o vehículo no que viaxaban en Mosende de Arriba, Valdoviño.

O 112 Galicia tivo coñecemento do sinistro pasadas as once desta mañá mediante a chamada de alerta dun particular que pedía axuda para os tres ocupantes dun turismo accidentado na estrada de Cedeira a Valdoviño (AC-566). 

Deseguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Ferrol, dos membros do GES de Mugardos, da Garda Civil de Tráfico e dos servizos sanitarios de urxencia, que apenas uns minutos máis tarde confirmaron o falecemento dos tres ocupantes que non levaban posto o cinturón de seguridade.

Tamén se produciron danos nun poste do alumeado público, de modo que acudiran técnicos da empresa subministradora do servizo co fin de reparar a instalación.

En canto á atención dos familiares das vítimas, o persoal do 112 informou da situación aos membros do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) por se fose nalgún momento fose precisa a atención especializada. 

Comentarios