1,6 millóns de euros en novo material oftalmolóxico

1,6 millóns de euros en novo material oftalmolóxico

Terá como destino os hospitais do Meixoeiro, HULA e CHUO ademáis dos comarcais da Mariña e de Monforte

O Servizo Galego de Saúde sacou esta semana a licitación para a subministración de equipamento oftalmolóxico para o hospital da Mariña en Burela (Lugo), hospital do Meixoeiro (Pontevedra), hospital comarcal de Monforte (Lugo), Hospital universitario Lucus Augusti (HULA) e para o Complexo hospitalario universitario de Ourense (CHUO). Contará cun investimento de 1.588.004 euros. No caso do Meixoeiro, o investimento estará parcialmente cofinanciado pola Unión Europea, nun 80%, no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.

O obxectivo da licitación responde á necesidade de dar unha correcta cobertura sanitaria á poboación das áreas de referencia, mellorando a atención coa adquisición do equipamento necesario para o servizo de oftalmoloxía do novo pavillón do Hospital da Mariña.

Ao mesmo tempo, vaise renovar o equipamento dos servizos de oftalmoloxía dos hospitais do Meixoeiro, Monforte, CHUO e HULA.

O equipamento obxecto da licitación está formado por ecógrafos, medición de geometría ocular y de lentes, biómetro-ultrasonidos portátil, biómetro, campímetro, lámpara de hendidura, láser fotocoagulador, láser yag, tonómetro de contacto-paquímetro, microscopio especular, tomografía de coherencia óptica, retinógrafo no midriático portátil, unidade de refracción, oftalmoscopios, optotipos, tonómetro, anxiógrafo-retinógrafo e microscopio cirúrxico de oftalmoloxía.

Comentarios