Oroso investiu máis de 600.000 na mellora dos seus camiños e vías

Oroso investiu máis de 600.000 na mellora dos seus camiños e vías

Os obras de asfaltado leváronse a cabo entre Cachopal e a Igrexa dos Ánxeles; entre Calvente e Gándara; e nas parroquias de Trasmonte, Senra e Oroso

O Concello de Oroso investiu máis de 600.000 euros nun plan de asfaltado e aglomerado de vías e camiños nas parroquias do municipio. Realizará tamén traballos de renovación dos accesos á urbanización Porto Avieira.

Os obras de asfaltado leváronse a cabo entre Cachopal e a Igrexa dos Ánxeles; entre Calvente e Gándara; e nas parroquias de Trasmonte, Senra e Oroso. Todos os traballos deron resposta ás demandas veciñais.

“Cada ano levamos a cabo obras de mellora en vías e camiños, a comunicación entre as diferentes parroquias é fundamental e temos que garantir as medidas de seguridade necesarias”, asegura o alcalde de Oroso, Manuel Mirás. Tamén fixéronse melloras no camiño de acceso ao refuxio de pesca.

Por outra parte, comezaron os traballos preliminares para renovar a rúa María Casares, unha das arterias de acceso á urbanización Porto Avieira. En concreto, haberá unha nova capa de rodadura e bituminosa.

Os traballos de asfaltado e aglomerado continuarán nos próximos meses, “xa que é un proceso constante que nunca remata, temos que renovar as vías de comunicación para mellorar a vida dos nosos veciños e a súa seguridade viaria”, engade Mirás.

O Concello de Oroso ten un orzamento municipal para o ano 2018 de 6.867.713 euros, dos que destina o 28% a novos investimentos e infraestruturas (1.923.189 euros).

Comentarios