Aumenta o prazo para a inscricións nas actividades dos Centros Cívicos

Aumenta o prazo para a inscricións nas actividades dos Centros Cívicos

As actividades programadas arrancarán o próximo 1 de novembro

A concellería de Centros Cívicos vén de acordar unha ampliación do prazo de preinscrición nas actividades da rede, ata o próximo día 18 de outubro. Deste xeito, preténdese facilitar a realización do trámite por parte da veciñanza, tendo en conta a ponte festiva.

Tal e como se anunciara, por primeira vez a preinscrición poderase facer a través de internet, co obxectivo de axilizar a organización dos grupos para os diferentes cursos e coñecer mellor a demanda. De igual maneira, a preinscrición poderase realizar de xeito presencial nos propios centros da rede.

As actividades programadas arrancarán o próximo 1 de novembro. A oferta é similar á de trimestre anteriores, con moitas actividades relacionadas coa cultura e as artes, o benestar e as novas tecnoloxías. Ás actividades programadas polo Concello hai que engadirlle as ofertadas polos numerosos colectivos que utilizan os centros cívicos, máis de trinta de maneira estable. 

Comentarios