Limpan unha mancha de aceite que provocou un accidente en Padrón

Limpan unha mancha de aceite que provocou un accidente en Padrón
Limpan unha mancha de aceite que provocou un accidente en Padrón

O operativo de limpeza rematou sobre as 13:00 horas, polo que quedaron restablecidas as condicións de seguridade nas vías

Os equipos de emerxencias e mantemento de estradas limparon esta mañá unha mancha de aceite que se estendía desde a saída da AP-9, en Padrón, ata a N-550, en Pontecesures.

De feito, a causa do derrame un tráiler saíuse da vía e bateu contra o petril da ponte sobre o Río Ulla sen consecuencias para o condutor.

Foi precisamente o camioneiro quen deu conta dos feitos mediante unha chamada ao 112 Galicia ás 10:20 horas desta mañá. Segundo explicou, unha mancha de aceite que cubría boa parte da calzada provocou o accidente sen causar danos persoais. 

Así, desde o 112 Galicia, pasouse aviso aos membros do GES de Padrón e Valga e ao persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas e de Fomento, debido a que o derrame estendíase desde a saída da AP-9 en Padrón ata Pontecesures, pola N-550 e a entrada da AG-11.

O operativo de limpeza rematou sobre as 13:00 horas, polo que quedaron restablecidas as condicións de seguridade nas vías.

Comentarios