Dobre medalla para as dúas karatekas da Escola de Karate Akai Ryu de Negreira

Dobre medalla para as dúas karatekas da Escola de Karate Akai Ryu de Negreira

Melanie Suárez Agra logrou a prata en Kata Junior Femenino e Aya Fathallah, tivo que conformarse co bronce en Kumite Cadete +54kg

Este domingo 14 de octubre, tuvo lugar o Campionato Galego Cadete, Júnior e Sub-21, no pavillón de A Malata (Ferrol). 

Ata alí se desprazaron dúas karatekas da Escola de Karate Akai Ryu de Negreira, dirixidas pola súa técnico Ainhoa Rodríguez, acadando dúas medallas no campionato autonómico.

Melanie Suárez Agra logrou a prata en Kata Junior Femenino, tras gañar tódalas rondas por contundentes 5-0, e perder a final contra a representante de Ferrol.

Pola súa parte, Aya Fathallah, tivo que conformarse co bronce en Kumite Cadete +54kg, tras non poder realizar a semifinal debido a unha lesión no transcurso da competición que a obrigou a retirarse. 

Comentarios
Lo más