Piden que os contenedores de lixo da cidade teñan unha etiqueta que indique a data de limpeza e desinfección

Desde a Agrupación local de Compromiso apuntan a que “unha actuación tan sinxela coma esta, contribuiría a mellorar a imaxe e a hixiene da cidade

Compromiso propón un etiquetado nos contedores do lixo, que indiquen a data na que foron limpados e desinfectados , así como cando será a súa próxima limpeza. 

Nos últimos tempos é bastante habitual, en distintas zonas do Concello, atopar colectores que non están no seu mellor estado de limpeza e conservación. Isto provoca que que se produzan cheiros e a proliferación de insectos e animais.

Dende a formación galeguista apuntan que un contedor de lixo pode almacenar douscentos quilos de todo tipo de resíduos e que cun etiquetado visible dos ciclos de lavado e desinfección, o servizo sería máis eficiente e levaría a unha mellor xestión do mesmo.

Desde a Agrupación local de Compromiso apuntan a que “unha actuación tan sinxela coma esta, contribuiría a mellorar a imaxe e a hixiene da cidade”.

Comentarios
Lo más