Adisbismur organiza unha xornada de baloncesto inclusivo no polideportivo de Serra de Outes

Adisbismur organiza unha xornada de baloncesto inclusivo no polideportivo de Serra de Outes
Adisbismur organiza unha xornada de baloncesto inclusivo no polideportivo de Serra de Outes

Tralo remate do torneo, que está previsto que sexa sobre as 13:45 horas, todas as persoas participantes e asistentes poderán gozar dun xantar na carballeira que está situada ao carón do río

Un ano máis, a asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (Adisbismur) organiza un torneo de baloncesto inclusivo que vai xuntar no polideportivo de Serra de Outes a persoas usuarias doutras entidades afíns.

Ás 11 da mañá de hoxe, 17 de outubro, iniciará un torneo no que, aínda que vai haber vencedores que levantarán o trofeo, o importante vai ser que van pasar todas as persoas asistentes unha xornada deportiva e de lecer, onde diferentes asociacións van poder convivir durante a xornada.

Ata Serra de Outes vanse desprazar as entidades Íntegro da Costa da Morte, Avante de Val do Dubra, Misela de Noia, Ámbar da comarca da Barbanza, Amarai de Arzúa e Terra de Melide, o centro de recursos de Medelo que ten COGAMI en Silleda e tamén está convidada a asociación A Creba de Noia.

As normas do campionato están claras: cada partido durará 8 minutos; a vitoria suma 2 puntos, o empate 1 punto, os dous primeiros de cada grupo pasan ás semifinais e, en caso de empate, priorizarase no equipo que lograra máis vitorias nos partidos de clasificación.

Tralo remate do torneo, que está previsto que sexa sobre as 13:45 horas, todas as persoas participantes e asistentes poderán gozar dun xantar na carballeira que está situada ao carón do río.

Comentarios
Lo más