Russian Classical Ballet chega a Santiago o vindeiro 2 de xaneiro

Russian Classical Ballet chega a Santiago o vindeiro 2 de xaneiro
Russian Classical Ballet chega a Santiago o vindeiro 2 de xaneiro

O evento terá lugar o vindeiro 2 de xaneiro, a partir das 20:30 horas

Afundación, a Obra Social de ABANCA, albergará a representación O quebranoces de P. Tchaikovsky a cargo do Russian Classical Ballet no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela (Preguntoiro, 23). O evento terá lugar o vindeiro 2 de xaneiro, a partir das 20:30 horas, e as entradas xa se poden adquirir na web Ataquilla.com.

O Russian Classical Ballet é unha compañía dirixida por Evgeniya Bespalova e conformada por un elenco de bailaríns graduados polas escolas de danza de maior prestixio internacional como as de Moscova, San Petersburgo, Novsibirsk e Perm, cuxo obxectivo é o de preservar a tradición do ballet clásico ruso.

Nesta ocasión chegan a Santiago de Compostela para ofrecer unha das obras máis recoñecidas do compositor P. Tchaikovsky, O quebranoces. Trátase dun ballet en dous actos con coreografía orixinal de Marius Petipa e Lev Ivanov. O libreto é unha adaptación do conto de Hoffmann O quebranoces e o Rei Rato. Estreouse no Teatro Mariinsky de San Petersburgo o 18 de decembro de 1892 e a día de hoxe continúa sendo un dos ballets máis representados. 

Comentarios