Puy afirma que os orzamentos da Xunta "garanten a estabilidade dos servizos públicos"

Puy afirma que os orzamentos da Xunta "garanten a estabilidade dos servizos públicos"
Puy afirma que os orzamentos da Xunta "garanten a estabilidade dos servizos públicos"

Avanzou que, por acordo unánime dos grupos parlamentarios e o Goberno, se modificará a orde do día do Pleno da vindeira semana para que compareza o conselleiro de Economía e Industria sobre o anuncio de peche de Alcoa en A Coruña

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou onte que o proxecto de orzamentos da Xunta para 2019 “está dirixido fundamentalmente a non cometer os erros do pasado e estar mellor protexidos para etapas futuras nas que a economía non medre, garantindo a sostibilidade dos servizos públicos fundamentais, para o que é indispensable cumprir a regra de gasto xunto coa senda do déficit”.

Pedro Puy valorou “positivamente” o proxecto de orzamentos, que apuran o teito de gasto e, por cuarto ano consecutivo, se incrementa o gasto público, neste caso o 3,8 por cento. Neste sentido, destacou a previsión de crecemento do 2,5 por cento da economía galega, “dúas décimas máis que España, catro máis que os países desenvolvidos e seis máis que a meida europea”.

MÁIS EMPREGO E MENOS PRESIÓN FISCAL

“Así mesmo, confiamos en que haxa máis emprego, cunha previsión de crear o vindeiro ano 15.000 novos empregos, co que o paro continuará a senda decrecente que está a rexistrar nos últimos anos”, apuntou.

O portavoz popular manifestou que a política autonómica do actual Goberno galego permite “continuar con medidas para reducir a presión fiscal, incidindo en accións selectivas de carácter social”. Así, concretou que a carga fiscal redúcese en 430 millóns de euros, dos que máis do 90 por cento son para gasto social.

Puy afirmou que os orzamentos tamén permitirán reducir a débeda en relación ao PIB, situando a Galicia “entre as comunidades que menos se endebedou durante a época de crise, deixando menos cargas de tributos futuros para os contribuíntes”.

No ámbito dos investimentos, Pedro Puy subliñou que os gastos de capital increméntanse o 5,3 por cento, dos que máis da metade “teñen que ver co aforro corrente da Xunta”. Ademais, destacou que “se reforza o gasto social en 473 millóns de euros”.

COMPARECENCIA DO CONSELLEIRO SOBRE ALCOA NO PLENO

Ao remate da Xunta de Portavoces, o portavoz popular informou do acordo unánime, tanto dos grupos parlamentarios como do Goberno galego, para modificar a orde do día do día do Pleno da vindeira semana co obxectivo de incluír a comparecencia do conselleiro de Economía e Industria sobre o anuncio do peche de Alcoa en A Coruña. Neste sentido, explicou que “existe suficiente antelación para que todos podamos preparar o debate, polo que se decidiu que esta comparecencia teña lugar o mércores despois das preguntas ao Goberno”.

Así mesmo, o Grupo Popular presentou aos demais grupos parlamentarios unha proposta de declaración institucional, “de xeito que o Parlamento galego haxa unha unidade de acción do mesmo xeito que se fixo no Parlamento de Asturias”.

Puy manifestou que “desde o noso grupo parlamentario lamentamos fondamente a decisión unilateral adoptada pola empresa”. Neste sentido, lembrou que a Xunta está en contacto tanto cos traballadores como co Goberno de Asturias para facer unha fronte común na defensa dos empregados de Alcoa e solicitando que a empresa busque unha solución e teña un compromiso coas familias que traballan na súa empresa.

Ademais, demandou que o Goberno central “se implique tanto co establecemento do mecanismo que se empregará o ano que ven para o sistema de ininterrumpibilidade que beneficia a estas empresas; e tamén executando a partida de 130 millóns de euros recollida nos orzamentos deste ano para compensar ás empresas electrointensivas”.

Comentarios