Accidente mortal en Santiago por unha saída de vía

Accidente mortal en Santiago por unha saída de vía

Os Bombeiros confirmaron a excarceración da persoa falecida

Un home faleceu esta mañá en Santiago de Compostela despois de saírse da vía o vehículo no que viaxaba. Ademais, unha muller tamén precisou ser asistida polos servizos sanitarios de urxencia.

O accidente ocorreu sobre as 06:00 horas. Foi un particular quen, a esa hora, alertou ao 112 Galicia dun turismo que batera contra unha sinal despois de saírse da vía, en San Xoán de Fecha, á altura da gasolineira de Brins, en Roán. El fallecido es un joven de 26 años, vecino del concello de Ames.

Dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia alertouse ao 061-Urxencias Sanitarias, que nada máis chegar ao punto, indicaron que os ocupantes do turismo podían estar atrapados no seu interior. Dúas ambulancias, unha UVI móbil e unha asistencial, xa se dirixían ao punto neses intres.

Ata o lugar, tamén se desprazaron ademais dos axentes de Tráfico, a Policía Local e os Bombeiros de Santiago, nada mais ser alertados polo 112 Galicia.

Comentarios