A Audiencia de Ourense condena a tres anos de prisión a tres acusados de traficar con droga

A Audiencia de Ourense condena a tres anos de prisión a tres acusados de traficar con droga

Os maxistrados absolveron por falta de probas a outros seis acusados do mesmo delito

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense condenou a tres anos de prisión e a pagar unha multa de 860 euros a tres acusados dun delito contra a saúde pública na súa modalidade de substancias que causan grave dano á saúde. O tribunal tivo en conta á hora de ditar a sentenza, contra a que cabe presentar recurso de casación, a atenuante de dilacións indebidas. Os maxistrados absolveron por falta de probas a outros seis acusados do mesmo delito.

A Audiencia sostén que un dos tres condenados se dedicada “á adquisición e distribución a terceiros de substancias estupefacientes na cidade de Ourense” e que os outros dous imputados “lle axudaban en tal tarefa”.

O fallo considera acreditada a existencia, a finais de 2013, “dun grupo organizado que tiña por obxecto a compra, adquisición e ulterior distribución de substancias estupefacientes a terceiros” en Ourense. O tribunal fai referencia na sentenza ás declaracións de dous sospeitosos “asumindo parcialmente os feitos”, así como ao comiso de droga “nunha vivenda de libre acceso para os tres acusados”, á intervención de cocaína no vehículo dun dos sentenciados e á interceptación de folios impregnados de cocaína procedente de Sudamérica.

Comentarios