Tres meses de cárcere e unha multa aos dirixentes dunha asociación cannábica en Pontevedra

Foto de archivo
Tres meses de cárcere e unha multa aos dirixentes dunha asociación cannábica en Pontevedra

O tribunal considerou a cada un deles culpable dun delito contra a saúde pública na súa modalidade de substancias que non causan grave dano á saúde

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a tres meses de prisión e ao pago dunha multa de 1.762 euros ao presidente e ao tesoureiro da asociación cannábica Casa María de Pontevedra. O tribunal considerou a cada un deles culpable dun delito contra a saúde pública na súa modalidade de substancias que non causan grave dano á saúde, coa concorrencia de erro vencible de prohibición e das atenuantes analóxicas de dilacións indebidas e drogadicción.

Os maxistrados absolveron a un socio da entidade que estaba acusado de cometer un delito contra a saúde pública por carecer de probas de que preparase “toda a intendencia e abastecemento” e creado cos condenados “a fonte do risco de difusión”. Contra o fallo cabe presentar recurso de casación ante o Supremo.

O tribunal considera acreditado que, polo menos desde o mes de marzo de 2013, os dous acusados se dedicaron a utilizar a vivenda na que a asociación tiña a súa sede para “cultivo e secadeiro de plantas de cánnabis que logo distribuían entre quen se facía socio, a cambio dun importe que cada un pagaba no momento da súa adquisición”.

A Audiencia destaca na sentenza que os dous dirixentes permitían que a droga se consumise no exterior da asociación. “Concluímos que se permitía a retirada da substancia e que non existían concretas medidas de control para anular e nin sequera mitigar o risco da súa difusión fóra, pois non consideramos razoablemente suficientes para o efecto unhas advertencias verbais”, sinalan os maxistrados, quenes recalcan que non poden “ter por acreditada” a afirmación dos sospeitosos de que ata un 30 ou 40 por cento dos socios tiñan necesidades terapéuticas.

A sala sostén que o caso “non se atopa dentro do ámbito da doutrina xurisprudencial do consumo compartido”, que considera atípicos “supostos de consumo plural, en que un número reducido e determinado de persoas se agrupan para a adquisición e ulterior e inmediato consumo conxunto nun lugar pechado da substancia estupefaciente sufragada entre todos”. O tribunal subliña que existía “risco de difusión” da droga. 

Comentarios