Morre unha persoa mentres arranxaba o tellado dunha propiedade en A Rúa

Morre unha persoa mentres arranxaba o tellado dunha propiedade en A Rúa

Unha persoa perdeu a vida esta tarde na Rúa ao precipitarse mentres arranxaba un tellado da súa propiedade.

Unha persoa perdeu a vida esta tarde na Rúa ao precipitarse mentres arranxaba un tellado da súa propiedade. Sucedeu na praza de Fontei, uns minutos despois das catro da tarde.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través da chamada dunha persoa particular e, decontado, o persoal do 112 Galicia requiriu a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que se descartou a súa intervención ao confirmarse o falecemento da persoa. Tamén, desde o 112 Galicia se pasou o aviso á Policía Local, a Protección Civil e á Garda Civil.

Unha vez no lugar dos feitos, os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida á persoa.

Comentarios