Ferida unha muller ao saír o seu vehículo da vía en Boiro

Ferida unha muller ao saír o seu vehículo da vía en Boiro

O sinistro ocorreu na AC-305, ao fío das 12:30 horas

Unha muller resultou ferida esta tarde en Boiro ao saírse da vía o coche no que viaxaba á altura de Cespón, no termo municipal coruñés de Boiro. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a muller tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Boiro, en colaboración con Protección Civil, despois de quedar atrapada no interior do turismo accidentado.

O sinistro ocorreu na AC-305, ao fío das 12:30 horas. Foi nese momento cando unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar do sucedido.

Nada máis recibir o aviso, os xestores do 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Boiro, de Protección Civil Boiro e do servizo de mantemento da estrada.

Unha vez liberada, a muller foi trasladada a un centro médico polos efectivos sanitarios nunha ambulancia.

Comentarios