O SERGAS retifica e pon fin a creación da nova categoría "pediatra de área"

O SERGAS retifica e pon fin a creación da nova categoría "pediatra de área"
O SERGAS retifica e pon fin a creación da nova categoría "pediatra de área"

O Sergas reuniu hoxe aos profesionais que participan no grupo de traballo de pediatría

Consellería de Sanidade decidiu hoxe retirar a proposta para a creación da nova categoría de pediatra de área incluida na disposición adicional da Lei de medidas fiscais e administrativas que acompañan aos Orzamentos da Xunta de 2019. 

Sanidade adoptou esta decisión logo da reunión que hoxe mantiveron os representantes do Servizo Galego de Saúde cos profesionais que participan no grupo de traballo de pediatría que se constituíu en 2017 para avaliar a atención pediátrica en Galicia.

"O departamento autonómico aposta por seguir avanzando conxuntamente en medidas de consenso para solucionar o déficit de pediatras que afecta ao conxunto dos sistemas de saúde", asegura a consellería nun comunicado emitido aos medios de comunicación. Neste sentido, continuará contando coas aportacións dos profesionais, co obxectivo de garantir e mellorar a calidade do servizo en tódalas áreas sanitarias .

Comentarios