Concerto de Lisdexia no bar A Bodeguilla en Negreira

Concerto de Lisdexia no bar A Bodeguilla en Negreira
Concerto de Lisdexia no bar A Bodeguilla en Negreira

A formación musical presentará o seu novo traballo Chejar e encher 

Hoxe venres 26 de outubro terá lugar o concerto de Lisdexia ás 22.30 horas no bar A Bodeguilla en Negreira para presentar o seu novo traballo Chegar e encher. Este grupo de Muros participou este mesmo ano no proxecto musical Teen Records posto en marcha polo selo de música adoslescente do mesmo nome. 

O selo foi o resultado dun traballo de fin de grao de Comunicación Audiovisual na USC no ano 2015 que este ano optou ás axudas de Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

A finalidade é apoiar a carreira musical emerxente de agrupacións galegas formadas por adolescentes entre 16 e 22 anos. Na edición de este ano escolléronse The Rapants e Dislexia, dúas formacións muradanas.



Comentarios
Lo más