O Concello de Boqueixón presentou o seu programa CoidarNos na USC

O Concello de Boqueixón presentou o seu programa CoidarNos na USC
O Concello de Boqueixón presentou o seu programa CoidarNos na USC

Integrantes do programa explicaron a súa experiencia na Escola Universitaria de Traballo Social

O programa CoidarNos do Concello de Boqueixón, que foi presentado a semana pasada ao alumnado de 3º curso da Escola Universitaria de Traballo Social da USC , é un plan pioneiro de apoio a persoas coidadoras de familiares en situación de dependencia.

Este recurso de apoio arrancou no mes de maio do 2016 e foi explicado nas aulas por a psicóloga, a traballadora social e catro das persoas que conforman esta actividade grupal.

A docente da materia Traballo social con individuos e familias resaltou como novidoso do programa a realización de sesións ao aire libre e a importancia que se lle dá ó exercicio físico. O alumnado coincidiu en implementar en todos os concellos iniciativas como esta.

Comentarios