O programa "Goza do Ulla 2018" chegará ao concello de Touro o vindeiro sábado

O programa "Goza do Ulla 2018" chegará ao concello de Touro o vindeiro sábado
O programa "Goza do Ulla 2018" chegará ao concello de Touro o vindeiro sábado

Trátase dunha ruta de sendeirismo que levará aos participantes por diferentes roteiros á beira do río Ulla. 

O concello de Touro acollerá o sábado 27 de outubro a ruta de sendeirismo Fervenza das Hortas/Santa Marta-Ponte Basebe, incluída no programa Goza do Ulla 2018 impulsado pola Deputación da Coruña. Segundo contempla a programación, os sendeiristas percorrerán as beiras do río Ulla a través de dous roteiros homologados que conectan a Fervenza de Hortas con Ponte Basebe e, ao remate, realizarán unha visita ao petroglifo de Pena Furada e ao Pazo de Andeade.

A saída terá lugar ás 09h15 do sábado desde a Casa do Concello de Touro, e haberá servizo de autobuses. Ademais, o Concello recomenda aos sendeiristas levar as súas cámaras fotográficas para poder participar no concurso Touro en Imaxes.

Comentarios
Lo más