Fin de semana máxica no Concello de Ames

Fin de semana máxica no Concello de Ames
Foto de arquivo
Fin de semana máxica no Concello de Ames

Celébrase o XIII Festival de Maxia de Ames

Dentro da programación deste festival, hoxe sábado 27 o mago Roberto Lolo impartirá un obradoiro de 11:00h a 12:30h na Casa da Cultura de Bertamiráns para rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos. O domingo o obradoiro impartirase no mesmo horario na Casa da Cultura de Milladoiro e estará a cargo de Pedro Bugarín.

Por outra banda, o mago Antón representará o seu espectáculo A volta a Galicia en 313 concellos o sábado no concello de Ames. Pola mañá realizará tres sesións na Praza de Chavián de Bertamiráns ás 11:00h, ás 12:00h e ás 13:00h. Pola tarde estará no aparcadoiro de Travesía do Porto no Milladoiros ás 18:00h, ás 19:00h e ás 20:00h. As sesións son de aforo limitado e é necesario ter convite.

Ademáis realizaránse tres pases da Gala Máxica Internacional: o sábado haberá un pase ás 18:30h e outro ás 20:30h na casa da Cultura de Bertamiráns. O domingo terá lugar o terceiro pase ás 18:30h na Casa da Cultura do Milladoiro. As entradas pódense mercar na billeteira electrónica a través dun enlace da páxina web municipal ou na billeteira da Casa da Cultura dende unha hora antes do espectáculo e terán un custo de 2 euros para maiores de 18 anos e 1 euro para menores.


Comentarios