A promoción 1987-1993 de Medicia celebra as súas vodas de prata

A promoción 1987-1993 de Medicia celebra as súas vodas de prata
A promoción 1987-1993 de Medicia celebra as súas vodas de prata

A xornada comezará ás 12:30 horas no Recanto da Saudade cunha pequena intervención da vicepresidenta de Alumni USC, María Julia Melgar Riol

Os antigos alumnos da promoción 1987-1993 de Medicina festexarán o sábado a súa volta ás aulas de Compostela.

O Comité organizador do evento está formado por Margarita Montero Sánchez e Eva Maquieira Gómez.

A xornada comezará ás 12:30 horas no Recanto da Saudade cunha pequena intervención da vicepresidenta de Alumni USC, María Julia Melgar Riol. 

Despois faranse unha fotografía de grupo nas escaleiras da Facultade de Medicina e despois xa no Salón de Actos da Facultade terá lugar un acto no que estarán presentes o decano do centro, Julián Álvarez Escudero, o representante do profesorado da promoción, José Castillo Sánchez, a xa mencionada vicepresidenta de Alumni USC, María Julia Melgar Riol, e os representantes do alumnado da promoción, Inmaculada Rodríguez Calvo e Manuel A. López Rodríguez.

A xornada remata cun xantar no Hostal dos Reis Católicos.

Comentarios
Lo más