Continúa a búsqueda do mozo de Bertamiráns desaparecido en Camariñas

Continúa a búsqueda do mozo de Bertamiráns desaparecido en Camariñas
Continúa a búsqueda do mozo de Bertamiráns desaparecido en Camariñas

O dispositivo de búsqueda reanudarase hoxe mesmo para tentar de localizar ao mozo

Os servizos de emerxencias buscan a un mozo de Bertamiráns que caeu á auga cando practicaba a pesca con caña nas proximidades da Ermida da Virxe do Monte, Camariñas.

A alerta sobre a súa desapación produciuse ás 14:30 horas mediante a chamada dos voluntarios de Protección Civil de Muxía, que foron avisados polo compañeiros. Decontado, a situación púxose en coñecemento de Salvamento Marítimo, que enviou á zona o helicóptero Helimer e a embarcación Salvamar Altair.

Na última hora da tarde, sairon os primeiros datos de que o mozo desaparecido apareceu sen vida nunhas rocas da zona da Ermida. Finalmente, fontes do concello de Camariñas tiveron que saír para desmentir a nova e afirmar que o dispositivo de búsqueda segue operativo.

Tamén pediron a colaboración de medios por terra. O 112 solicitou a intervención dos voluntarios de Protección Civil de Camariñas, así como dos axentes da Garda Civil e dos servizos sanitarios de urxencia que se sumaron ao operativo de busca. Igualmente, acudiron ao lugar dos feitos persoal do Concello.

O dispositivo de búsqueda reanudarase hoxe mesmo para tentar de localizar ao mozo.


Comentarios