Un condutor colisiona o seu vehículo contra unha casa

Un condutor colisiona o seu vehículo contra unha casa
Un condutor colisiona o seu vehículo contra unha casa

Os Bombeiros, indicaron que finalmente, aínda que non foi preciso o uso do material de excarceración, si axudaron á persoa a saír do interior do turismo

No termo municipal pontevedrés da Agolada, un home resultou ferido despois de chocar co seu vehículo contra una casa. Ao fío das 00:15 horas desta madrugada un particular alertaba ao 112 Galicia dunha saída de vía dun coche contra unha casa na PO-212, en Ventosa. Aseguraba, ademais, que o condutor estaba atrapado no interior do turismo.

Foi a partir de aí, cando os xestores do 112 Galicia ademais de alertar ao 061-Urxencias Sanitarias, puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros do Deza e do GES de Lalín. 

Do mesmo xeito, informaron da situación aos axentes de Tráfico, Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade. Tamén, o persoal da Axencia Galega de Infraestruturas foi informado polo 112 Galicia.

Unha vez no punto, os Bombeiros, indicaron que finalmente, aínda que non foi preciso o uso do material de excarceración, si axudaron á persoa a saír do interior do turismo que decontado foi evacuada polos servizos sanitarios en ambulancia. 


Comentarios