O avogado de Miñanco asegura que o delito de branqueo está prescrito ou foi xa xulgado

O avogado de Miñanco asegura que o delito de branqueo está prescrito ou foi xa xulgado
Foto de archivo
O avogado de Miñanco asegura que o delito de branqueo está prescrito ou foi xa xulgado

Hoxe retomouse o xuízo contra o narcotraficante galego, que responde ante a Audiencia de Pontevedra por un delito que branqueo de capitais que o seu avogado considera prescrito ou xa xulgado.

O avogado do narcotraficante galego Sito Miñanco, Gonzalo Boye, asegurou ante as portas da Audiencia de Pontevedra que os cargos de branqueo de capitais polos que está a responder o seu cliente son xa unha causa prescrita ou, no seu defecto, unha causa xa xulgada.

O representante legal de Miñanco asegurou que eses supostos delitos de branqueo, cometidos entre 1999 e 2007, estaban xa incluídos nunha causa dirixida polo xulgado de instrucción número 2 de Vilagarcía de Arousa e posteriormente sobreseída a instancias do Ministerio Público. Porén, declarou Boye, o resultado daquel proceso nunca foi comunicado ás partes e o informe que serviu para arquivar aquela causa é o mesmo que se usou para iniciar a causa actual. En calquera caso, o avogado espera que esas cuestións se resolvan na sentenza do caso.

Hoxe, luns 29 de outubro, retomabase o xuízo contra Miñanco coa declaración do acusado, que se atopaba "tranquilo" e "con ganas de declarar", sempre segundo o seu avogado.

Comentarios