O BNG presenta unha moción en Santiago para reclamar a redución do IVE no recibo da luz
Goretti Sanmartin sinala como imprescinble a modificación das ordenanzas fiscais e incluír o cobro ás eléctricas por uso do espazo público e bonificacións sociais
Goretti Sanmartín Rei, protavoz do grupo municipal do BNG, presentou unha moción para reclamar á redución do IVE do 21% ao 4% no recibo da luz, a aplicación da tarifa eléctrica galega e a modificación das ordenanzas fiscais do Concello de Santiago para poder cobrarlles ás eléctricas o imposto polo uso do espazo público para os tendidos. Según Sanmartín, "a luz é un dereito básico como pode ser o pan" polo que "é necesario garantirlle ao conxunto da poboación a temperatura que precise para manter os fogares quentes".
Entre as causas, indicou que Galicia é un espazo produtor principal de enerxía, "pese ter os custos de produción ambiental e social de enerxía logo non temos ningún beneficios". Esta moción está relacionada cunha campaña do BNG de recollida de sinaturas para reclamar a tarifa eléctrica propia para Galicia.
O BNG, de cara aos orzamentos de 2019, indicoulle a Compostela Aberta que é necesaria a modificación das ordenanzas fiscais para incluir cobros por uso do espazo públicos ás eléctricas e facer as bonificacións sociais.