Arde un camión na A6

Arde un camión na A6
Foto de arquivo
Arde un camión na A6

O incendio orixinouse cando o camión estaba á altura de O Furco, en Becerreá

Ás 00:00 horas da pasada madrugada, un camineiro alertaba ao 112 de que lle ardía o camión. Atopábase no kilómetro 456 da A6, dirección Lugo, na altura de O Furco, no concello de Becerreá.

Ainda que a ambulancia do 061 desprazouse, por precaución, ata o lugar dos feitos, non houbo que lamentar danos persoais. Soamente ardeu a cabina, sen que o remolque se vise afectado. Os bombeiros colaboraron co GES de Becerreá na extinción do lume.

Comentarios
Lo más