O Peleteiro Feminino de Baloncesto perde contra o Cortegada

O Peleteiro Feminino de Baloncesto perde contra o Cortegada
Foto de arquivo
O Peleteiro Feminino de Baloncesto perde contra o Cortegada

Ainda que as de Compostela comezaron dominando o xogo, as arousanas fixéronse co control

O sábado en Vilagarcía as 16:00 horas enfrentouse o AD Cortegada contra o Peleteiro Café Bar Alba na terceira xornada de Primeira Autonómica Senior Feminino. O partido comezou co dominio total do conxunto compotelán que se impoñía en defensa e marcaba o ritmo do partido con xogo fluído en ataque. No segundo cuarto, as de Arousa pasaron a dominar o encontro facéndose co control do rebote e rompendo a defensa do Peleteiro.

O peleteiro non foi capaz de recuperar o control levando ao final cun marcador de 69-52 a favor das arousanas.

Comentarios