O BNG reclama melloras da accesibilidade no local sociocultura da Almáciga
06:30 31/10/18
06:30 31/10/18
Pese a ser un espazo cultural, non está debidamente acondicionado
A portavoz do BNG de Santiago reclama o acondicionamento da actual entrada ao local sociocultural da Almáciga ou unha nova que facilite que poda ser utilizado polos veciños e veciñas.
Según afirma Sanmartín, pese a ser un espazo público non ten unha boa accesibilidade xa que, ademáis de ter escaleiras, é necesario atravesar un carreiro sen iluminación o que dificulta e restrinxe a participación da veciñanza de máis idade.