Salvador Sobral recolle o premio ao Mellor Tema Musical Portugués na gala aRi[t]mar

Salvador Sobral recolle o premio ao Mellor Tema Musical Portugués na gala aRi[t]mar
Salvador Sobral recolle o premio ao Mellor Tema Musical Portugués na gala aRi[t]mar

Tamén recolleron o seu galardón os poetas Lois Pérez e Alexandre Brea, a formación galega A Banda da Loba e a formación musical Canto D’Aquí

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, foi o encargado de entregarlle onte o premio de Mellor Tema Musical Portugués a Salvador Sobral no marco da gala aRi[t]mar, evento no que se entregan os premios da música e da poesía galega e portuguesa. 

Tamén recolleron o seu galardón os poetas Lois Pérez e Alexandre Brea, a formación galega A Banda da Loba e a formación musical Canto D’Aquí. 

Cómpre lembrar que a gala forma parte do proxecto cultural homónimo que impulsan as consellerías de Educación –por medio da Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Santiago– e de Cultura e Turismo, e que constitúe unha das accións coas que a Xunta de Galicia desenvolve para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía.

Comentarios