O día de Defuntos chega cargado de chuvascos

O día de Defuntos chega cargado de chuvascos

En Compostela a temperatura mínima acadará os 6ºC e a máxima será de 13ºC

O xoves continuaremos na influencia dos centros de baixas presións que se forman ao norte da Comunidade. 

Con esta situación, agárdanse ceos anubrados con chuvias máis probables na metade oeste pero que nas últimas horas do día chegarán a todo o territorio. 

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 6ºC e a máxima será de 13ºC.

O vento soprará moderado do sudoeste.

Comentarios