Falece un condutor ao envorcar o seu tractor

Falece un condutor ao envorcar o seu tractor

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse ás 11 horas de hoxe no lugar de Aldeguer

Unha persoa morreu esta mañá na Pontenova tras sufrir un accidente co tractor que manexaba.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse ás 11 horas de hoxe no lugar de Aldeguer, onde a vítima traballaba co seu tractor, que unha vez cargado, envorcou. Isto provocou que a persoa quedara atrapada debaixo do vehículo, polo que tiveron que intervir os equipos de excarceración.

Así, ao lugar acudiu unha dotación do GES da Pontenova e dos Bombeiros de Barreiros para liberar á vítima, ademais dos servizos sanitarios de urxencia que pouco despois confirmaron o falecemento do condutor. 

Comentarios