Homenaxe a Manuel Lois García no Día de Todos os Santos

Homenaxe a Manuel Lois García no Día de Todos os Santos

José Luis Martínez Sanjurjo e Juan Ruesta Botella, alcalde de Ordes e coronel comandante do Tercio Norte respectivamente, presidiron o acto

O Concello de Ordes rendeulle unha especial e emotiva homenaxe a o seu fillo predilecto Manuel Lois García, coñecido por todos e todas como 'Soldado Lois'.

Os actos conmemorativos tiveron lugar no cemiterio do Piñeiro. Coincidindo co Día de todos os santos alí se celebrou unha misa na que o Terzo Norte da Infantería da Mariña de Ferrol e a súa banda de música tivo un papel relevante. Englobado nos actos litúrxicos non faltou a ofrenda floral ante a tumba-mausoleo na que repousan os restos mortais de Manuel Lois. Na súa memoria tamén sou o himno da Armada Española ‘Salve Marinera’, así como varias ráfagas de salvas de honor.

José Luis Martínez Sanjurjo e Juan Ruesta Botella, alcalde de Ordes e coronel comandante do Tercio Norte respectivamente, presidiron o acto ao que sempre se suman centos de veciños e veciñas. Contouse tamén cunha amplísima representación da corporación municipal e representantes de todos os sectores da sociedade ordense.

Comentarios