Os Populares seguen denunciando os problemas dos Centros Socioculturais

Os Populares seguen denunciando os problemas dos Centros Socioculturais

Tal e como denunciaban a principio de mes os Populares, "o Goberno de Compostela Aberta non ten un proxecto para os centros"

O Grupo Municipal Popular denunciou o pasado mércores que a xestión da rede Centros Socioculturais en Santiago non parece mellorar co paso dos días, xa que, neste momento, os problemas aos que se enfrontan lonxe de mellorar parece que se multiplican, a pesar de ser agora o propio alcalde o encargado de xestionalos, tal como anunciou el mesmo, despois de "desautorizar por dúas veces as súas concelleiras, Branca Novo e Concha Fernández" aseguran os populares.

Tal e como explicaba a principio de mes o Grupo Municipal Popular, o goberno de Compostela Aberta non ten un proxecto para os centros, como o demostran distintas situacións.

Así, os prezos das actividades aínda se aprobaron esta semana, polo que este venres, cando se inicien os cursos, os usuarios coñecerán alí mesmo o custe e, nalgúns casos, terán que pagar o dobre que en anteriores ocasións, o que supón un grave inconvinte para os usuarios, polo que haberá que ver o nivel final de matrícula ao coñecerse o cambio de custe.

Por outra banda, o goberno de Martiño Noriega volve a botar balóns foras e destitúe á responsable do contrato de Servizo de dinamización e mediación sociocultural da rede de CSC, situándoa como responsable dunha desfeita produto da maneira de traballar do alcalde, é dicir, “a non facer nada e a votarlle a culpa aos demais, eludindo calquera tipo de responsabilidade como si el no fora o alcalde”.

Os centros socioculturais "foron deteriorando a súa relación coa cidadanía, co tecido asociativo, porque hai un desleixo total do grupo de goberno de Compostela Aberta, que se caracteriza por ser un goberno de clientelismo e amiguismo, que se aparta desa esfera non lle interesa”.

Comentarios