Os bebés galegos chámanse Sofía e Martín

Foto de arquivo
Os bebés galegos chámanse Sofía e Martín

Os nomes preferidos para os nenos e nenas que nacen en Galicia continúan sendo os mesmos que o ano pasado, ainda que aumenta a tendencia a escoller nomes galegos.

Sofía e Martín continúan sendo os nomes máis frecuentes das nenas e nenos nados en Galicia. Así o mostra o estudo sobre os nomes máis comúns dos neonatos galegos en 2017 publicado recentemente polo Instituto Galego de Estatística.

Os datos recollidos mostran que os cinco nomes de muller máis frecuentes son, por orde descendente, Sofía, Noa, Daniela, Martina e Sara. Mantense así a liña seguida en 2016, coa excepción de Daniela, que pasa a substituír a Alba como un dos nomes preferidos para as nenas galegas.

En relación aos nomes masculinos, os cinco máis comúns son Martín, Lucas, Mateo, Hugo e Leo. A única novidade a respecto do ano pasado é que Pablo desaparece do podium en favor de Leo. 

Tendo en conta os vinte primeiros nomes rexistrados, apréciase que desaparecen da lista nomes como Anxo, Lía e María, mentres que se inclúen outros como Antón, Sabela ou Iria. Ademais, aumenta a tendencia a escoller nomes galegos tanto para nenas como para nenos.

Comentarios