O BNG sinala que o Plan Especial non afonda para combater a despoboación do casco histórico

O BNG sinala que o Plan Especial non afonda para combater a despoboación do casco histórico
Foto de arquivo
O BNG sinala que o Plan Especial non afonda para combater a despoboación do casco histórico

Goretti Sanmartín engade que o Plan non recolle aspectos básicos como a recollida do lixo ou o regulamento de carga e descarga

Esta semana presentáronse os documentos de avance do Plan Especial e do Plan de Xestión da Cidade Históricia e Goretti Sanmartín Rei, portavoz do grupo municipal do BNG, opina que "non afondan nas solucións aos diferentes problemas que existen para combater o depoboamento da zona vella".

Para o BNG, esta proposta chega con atraso xa que a primeira proposta de Jorge Duarte ao chegar á Concellería de Espazos Cidadáns hai case catro anos foi revisar o Plan Especial.

Sanmartín engade que o Plan de Xestión para o primerio trámite de impacto ambiental "é moi xenérico e declarativo", e non recolle temas fundamentais como poden ser regulamento de carga e descarga, regulamento do lixo ou dotación de servizos básicos como gas, internet de banda larga ou aparcadoiro para residentes.

Comentarios
Lo más