O Aeroporto de Santiago lugar para acreditarse para o Mundial de Xadrez Cadete

O Aeroporto de Santiago lugar para acreditarse para o Mundial de Xadrez Cadete
Foto de arquivo
O Aeroporto de Santiago lugar para acreditarse para o Mundial de Xadrez Cadete

O campionato terá lugar na Cidade da Cultura entre o 3 e o 16 de novembro


O comité organizador do World Cadet Chess Championships elixiu ao Aeroporto de Santiago como o lugar para a acreditación dos participantes no FIDE World Cadets Chess Championships -Mundial de Xadrez Cadete- que se celebra na Cidade da Cultura entre o 3 e o 16 de novembro.

Máis de mil xogadores de entre oito e doce anos de máis dun centenar de países participarán nesta competición. Tódos os participantes deberán achegarse ata a planta de chegadas do Aeroporto de Santiago para recoller a acreditación e a documentación necesaria para cada xogador.

Comentarios
Lo más