42 persoas beneficiarias do "bonotaxi"

42 persoas beneficiarias do "bonotaxi"

As axudas suman 13.900 euros

Aprobada hoxe a resolución da convocatoria das axudas individuais para o uso do servizo do taxi como medio alternativo para as persoas de mobilidade reducida ou con dificultades para utilizar o transporte colectivo. Un total de 42 persoas foron as beneficiarias desta axuda coñecida como "bonotaxi".

Na convocatoria deste ano contemplouse a posibilidade de que puideran acceder ás axudas as persoas que teñan recoñecidos legalmente problemas de mobilidade, as persoas con discapacidades superiores ao 33% e as persoas maiores de 65 anos que residan no rural.


Comentarios