Atrápalo quería cobrar a unha familia 1.100 euros de gastos de cancelación dunha viaxe

Atrápalo quería cobrar a unha familia 1.100 euros de gastos de cancelación dunha viaxe
Atrápalo quería cobrar a unha familia 1.100 euros de gastos de cancelación dunha viaxe

A Unión de Consumidores de Galicia logrou a devolución do importe total xa abonado

A viaxe estaba programada para o mes de decembro e o importe suberaba os 3.000 euros dos que a familia xa abonara o 40% pero por enfermidade dun dos fillos, a familia comúnicase coa axencia Viajes Atrápalo para cancelala. Cal foi a sorpresa desta familia cando Atrápalo infórmalles de que os gastos de cancelación ascendían a 1.100 euros: 30 euros de gastos de axencia e e oresto como gastos de cancelación do maiorista. 

Dende a Unión de Consumidores de Galicia solicitaron a devolución do importe total abonado tendo en conta que a cancelación foi por causa maior, é dicir, un feito que non se pode evitar nin prever e cuxa existencia libera ás partes dun contrato das súas obrigacións contractuais. Incluso nas condicións do contrato de viaxe comibanada de Viajes Atrápalo establécese que "se considerará causa de forza maior a morte, accidente ou enfermidade grave do consumidor ou dalgunha das persoas con quen conviva ou calquera que lle impida particiar na viaxe".

Finalmente foi reembolsado o total da contía abonada por esta familia en concepto de reserva de viaxe combinada (1450 euros).

Comentarios