Máis da metade da cidadanía de Ames cualifica negativamente o transporte público da Xunta no Concello

Foto de arquivo
Máis da metade da cidadanía de Ames cualifica negativamente o transporte público da Xunta no Concello

A enquisa feita para coñecer o grao de satisfacción está publicada na web municipal

A raíz do proceso de renovación do transporte metropolitano que a Xunta está emprendendo, dende o goberno municipal quíxose preguntar á veciñanza pola súa satisfacción co servizo. A enquisa, que constaba de catro preguntas, arroxa resultados negativos para un 58% da poboación do Concello.

En resumo, a valoración do servizo prestado na actualidade, así como a oferta actual do mesmo, son dous aspectos que a veciñanza valora máis negativamente. En cambio, no caso do transporte baixo demanda e transporte con escolares, a poboación de Ames ve positivo este tipo de implantacións.

O obxecto desta enquisa é de trasladar os datos obtidos á propia Consellería de Infraestructuras e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Comentarios