O PP de Ames denuncia a compra dunha retroexcavadora que leva parada un ano

O PP de Ames denuncia a compra dunha retroexcavadora que leva parada un ano

Segundo os populares, a retroexcavadora estase a oxidar nun local municpal por carecer de operarios cualificados para manexala

Segundo afirma o PP de Ames, o concelleiro socialista Blas García decidiu compara unha retroexcavadora, decisión autorizada polo alcalde socialista José Miñones, sabendo que non había operario para manexala nin o seu posto figura na Relación de Postos de Traballo.

A este feito, os populares suman á súa denuncia outras accións do goberno municipal como a carencia de policía no Concello dende hai máis de cinco meses, as sete modificacións da Relación de Postos de Traballo en pouco máis dun ano,  a porcentaxe de invstimentos máis baixos nos últimos dez anos ou o aumento do prezo da auga.

Comentarios