O Concello de Ames aproba o inicio do proxecto de mellora da iluminación pública do Milladoiro

Foto de arquivo
O Concello de Ames aproba o inicio do proxecto de mellora da iluminación pública do Milladoiro

Proxecto será sufragado con fondos da Deputación da Coruña

A Xunta de Goberno Local acaba do Concello de Ames acaba de aprobar o inicio do proxecto de mellora da eficiencia enerxética da iluminación pública do Milladoiro. O proxecto será sufragado cos fondos da Deputación da Coruña e ten un orzamento de 356.837.92 euros.

Coa actuación indicada no presente proxecto preténdese continuar o plan de medidas en materia de aforro e eficiencia enerxética do Concello de Ames, logrando un consumo racional das instalacións a través da diminución da potencia instalada, sen diminución nos nivéis de iluminación actuais.

A través deste proxecto substituiranse as luminarias actuais por luminarias LED de alto rendemento cuxas vantaxes son: baixo consumo, baixa temperatura, ampla banda espectral, maior rapidez de resposta, luz máis brillante e maior duración e fiabilidade. Tamén esta acuatición implica un aforro do 75€ do consumo enerxético das instalacións modificadas.

Comentarios