Ábrese a inscrición para a formación troncal e específica do PICE

Foto de arquivo
Ábrese a inscrición para a formación troncal e específica do PICE

O programa de empregabilidade vai dirixido a menos de 30 anos

A cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela abre o prazo de inscrición para a formación tronca e específica do plan de capacitación do Programa Integral de Cualificación y Empleo (PICE).

O programa de balde PICE está formado por un conxunto de accións de orientación, formación e achegamento ás empresas ques persegue a empregabilidade da xuventude de 16 a 29 anos. Dentro do plan de capacitación do PICE, celebrarase un curso de formación troncal e cinco de formación específica, todos gratuítos e con prazas limitadas con selección por orde de inscrición. Para inscribirse hai que dirixirse ás oficinas centrais da Cámara de Comercio de Santiago na rúa San Pedro de Mezonzo 44, baixo.

Nos vindeiros dous meses celebraranse cursos sobre habilidades sociais e competencias dixitais para a busca de emprego; de asesoría contable e laboral; marketing; escaparatismo e empaquetado navideño; e fotografía dixital para redes sociais.

Comentarios