Este martes preséntase a 2ª edición do Festival "Cinema Crianza" do Concello de Ames

Foto de arquivo
Este martes preséntase a 2ª edición do Festival "Cinema Crianza" do Concello de Ames

O certame celebrarase do 15 o 18 de novembro

O Concello de Ames e a cooperativa cultural Urdime presentan este martes 6 de novembro ás 11:00 horas no Salón de Plenos unha nova edición do Festival Internacional de Cine Infanti e Familiar Cinema Crianza, que se celebrará do 15 ao 18 de novembro na Cas da Cultura de Bertamiráns e na Casa da Cultura do Milladoiro.

Esta segunda edición supón a consolidación do certame como referente internacional, despois de recibir cerca de 2.000 propostas procedentes de artistas de máis de 90 países. Durante os catro días, o certame exhibirá unha selección de 73 pezas que optarán aos Premios Axóuxeres, Buxainas e Premio de Público.

Cinema Crianza preséntase coma un escaparate para novos cineastas, pero tamén unha oportunidade para que os nenos e nenas galegos difruten de propostas diferentes, multiculturais e con alto contido social.

Comentarios