Noia únese á campaña "En negro contra as violencias"

Foto de arquivo
Noia únese á campaña "En negro contra as violencias"

Esta campaña é unha iniciativa do Concello de Santiago

O Concello de Noia súmase á campaña de denuncia e sensibilización social contra a violencia de xénero En negro contra as violencias, á que actualmente están adheridos 75 municipios, tres deputacións e máis de 6.000 establecementos e axentes sociais.

Marisol Villar Ageitos, concelleira de Servizos Sociais, explica: "O obxectivo desta campaña é facer visible o rexeitamento da cidadanía ante calquer tipo de violencia contra as mulleres".

Con esta campaña, Noia tinguirase de negro a través dos escaparates dos comercios, dos menequíns da roupa de traballo...

Esta será a cuarta edición da campaña En negro contra as violencias, unha iniciativa do Concello de Santiago.

Comentarios