Unha muller foi rescatada da auga con síntomas de afogamento en Vilagarcía

Foto de arquivo
Unha muller foi rescatada da auga con síntomas de afogamento en Vilagarcía

A víctima atopábase inconsciente e flotando na auga

Uns minutos antes das 13:00 horas do día de hoxe, uns veciños chamaron ao 112 Galicia para solicitar asistencia médica para unha muller que estaban sacando da auga en Vilagarcía.

A muller foi localizada inconsciente, flotando na agua e con síntomas de afogamento na Praia de Portugalete no Concello de Vilagarcía de Arousa. De momento, descoñécense as circunstancias nas que produciu o suceso.

Comentarios