Adxudicación provisional da instalación dun pozo de bombeo e unha rede de saneamento en Palmeira

Adxudicación provisional da instalación dun pozo de bombeo e unha rede de saneamento en Palmeira
Foto de arquivo
Adxudicación provisional da instalación dun pozo de bombeo e unha rede de saneamento en Palmeira

O proxecto permitirá eliminar un punto de vertido á ría de Arousa

Despois de 31 ofertas presentadas á licitación da instalación dun pozo de bombeo e unha rede de pluviais na rúa das Relvaeliras en Palmeira, a empresa que maior puntuación obtivo foi Vías y Servicios Generales S.L. A súa proposta económica é de 43.703 euros e ten un prazo de execución de tres meses.

Este proxecto permitirá eliminar un punto de vertido á ría de Arousa. A actuación comportará tamén unha nova pavimentación a base de formigón e aglomerado asfáltico.

Comentarios