COGAMI expón obras realizadas por persoas usuarias dos seus centros

Foto de arquivo
COGAMI expón obras realizadas por persoas usuarias dos seus centros

A exposición, aberta ao público, estará na Cidade da Cultura hoxe a partir das 13:00 horas

Hoxe a partir das 13:00 horas, a sala Eisenman da Cidade da Cultura acollerá un total de 20 obras de pintura, 11 fotografías e unha representación de relatos de escritura creativa, realizadas por persoas con discapacidade que participaron no programa EnREDarte.

Pezas e Trazos é o resultado dun ano de participación en obradoiros de pintura, fotografía e escritura creativa. Máis de 150 persoas usuarias da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) que participaron nestes obradoiros asistirán á inauguración da mostra. 

Comentarios