Xeografía da USC colabora con Médicos Sen Fronteiras na organización dun "mapathon"

Foto de arquivo
Xeografía da USC colabora con Médicos Sen Fronteiras na organización dun "mapathon"

Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto "Missing Maps"

Médicos Sen Fronteiras está a organizar unha actividade voluntaria colaborativa no marco do proxecto Missing Maps orientada a ter cartografía que despois a ONG poderá utilizar nas diversas zonas do planeta nas que interveñen.

En Santiago o "mapathon" terá lugar o 7 de novembro na Falcultade de Xeografía e Historia en colaboración co departamento de Xeografía da USC. A actividade celebrarase na Aula 17 da facultade en dúas quendas de mañá e de tarde, de tres horas cada unha. Para participar non é necesario ter coñecementos previos e as persoas que o desexen poden facelo en msf.es/mapaton.

Comentarios
Lo más